VIVIMOS EN GALICIA: CURSO DE APROXIMACIÓN Á CULTURA GALEGA
caghaboiActualidadePublicado por caghaboi en | the_author, the_categoryO Conservatorio Municipal de Riveira dá cabida a unhas xornadas formativas de Aproximación á Cultura Galega que, con frecuencia semanal, están dirixidas ás persoas inmigrantes adultas do noso contorno que desexen realizar unha aproximación á realidade da nosa Comunidade, desde o punto de vista do seu territorio, lingua, administración, patrimonio cultural, etc…
Esta acción é posible grazas á colaboración entre o IES Número 1 de Riveira (departamento de Ensino de Adultos, oferta de Aprendizaxe de Lingua Estranxeira) e o Concello de Riveira (a través da Concellería de Educación e do Servizo de Normalización Lingüística). As sesións impártense nunha aula do Conservatorio Municipal todos os mércores en horario de 10.40 a 11.30 horas.
Para calquera dúbida ou consulta, poden poñerse en contacto co Servizo de Normalización Lingüística de Riveira a través do número de teléfono 981835417, ext. 232 ou por correo electrónico normalizacion@riveira.com.
Curso: VIVIMOS EN GALICIA. Curso de aproximación á cultura galega.
Alumnado: Persoas maiores de 16 anos, inmigrantes.
Lugar: Conservatorio Municipal de Riveira
R/ Miguel Rodríguez Bautista, nº 2.
Horario: Todos os mércores.
10.40 h a 11.30 h.
Inscrición e
información: Servizo de Normalización Lingüística
Concello de Riveira
Tel.: 981835417, ext. 232
Análise da CGENDL
caghaboiActualidadePublicado por caghaboi en | the_author, the_categoryAqui vos deixamos dous documentos da CGENDL para que lles botedes unha ollada:
PREME: Análise borrador decreto CGENDL
PREMe: Propostas CGENDL bases para o decreto do plurilingüismo
Análise da Real Academia
caghaboiActualidadePublicado por caghaboi en | the_author, the_categoryAquí vos deixamos o texto en PDF da declaración da Real Academia Galega sobre as Bases do Novo Decreto de Plurilingüimo.
PREME PARA VER O ARQUIVO EN PDF:
AS LINGUAS SUMAN!
caghaboiActualidadePublicado por caghaboi en | the_author, the_categoryA TODAS AS NAIS E PAIS:
Aquí vos deixamos o tríptico que elaborou a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística e que imos entregar a todo o alumnado para que o acheguen ás súas casas e informar ás familias dos beneficios e necesidade de empregar a nosa lingua nos centros.
É unha resposta informativa perante a enquisa que a Consellería de Educación vai enviar ás familias a través dos centros e que, supoñemos, vai ser o comezo dun retroceso na utilización dos centros de ensino como un dos poucos espazos que atopa a nosa lingua para achegarse á xuventude. Xa veremos en que acaba todo isto.
Preme a continuación para ver o tríptico en PDF:
Primeira mostra de relatos de medo
caghaboiActualidadePublicado por caghaboi en | the_author, the_categoryO ENL colabora co Equipo da Biblioteca na organización desta I Mostra de Relatos de Medo, que parte da celebración este ano do 200 aniversario do nacemento do narrador Edgar Allan Poe.
O alumnado anda a preparar a escenificación de varios relatos de medo de Poe, Dieste e Xabier Docampo. A participación é moi elevada. Despois da elección da mellor posta en escena dos relatos en cada clase, pasaremos á fase final, onde un xurado elixirá o grupo gañador.

V Semana das Letras
caghaboiActualidadePublicado por caghaboi en | the_author, the_categoryXa estamos metidos de cheo na V Semana das Letras. Hai actividades para todo o alumnado. Aquí vos deixo o cartel e o programa.
A disfrutar!


Obradoiro de regueifas
caghaboiActualidadePublicado por caghaboi en | the_author, the_categoryLuis Caruncho e Pinto de Herbón estiveron no noso centro para darnos un obradoiro de regueifas.
Xuntámonos os 2º da ESO nunha aula, un pouco apertados, iso si, pero pasámolo ben e fóisenos o tempo voando. Nin nos enteramos cando soou o timbre do recreo. Primeiro aprendemos que era iso da regueifa, que, a verdade, non nos soaba moito o tema; estivemos practicando cuartetas e máis cuartetas e, por fin, fixemos as nosas propias regueifas. E todo acomapañado polo fermoso son da zanfona. Unha mañá inesquecible. O curso que vén voltarán, seguro!
TARXETA DE NADAL
caghaboiActualidadePublicado por caghaboi en | the_author, the_categoryComa todos os anos, o ENL pretende felicitar o Nadal a todas as familias do IES Nº 1 e, ao mesmo tempo, animalas a transmitiren e usaren a nosa lingua. O ano pasado saíunos unha postal ben bonita, cun precioso texto de Sechu Sende.
Este ano non queremos facelo aínda mellor. Así que solicitamos a colaboración de todos e todas. Mandádenos ideas, lemas, debuxos, frases… Podedes facelo mediante un comentario a esta anotación ou poñéndovos en contacto con calquera membro do ENL ou do Departamento de Lingua.
ESTAMOS DE VOLTA!
caghaboiActualidadePublicado por caghaboi en | the_author, the_categoryNon estaría de máis ao comezar de novo, reflexionar sobre as “voltas” que lle andan a dar algúns ao proceso normalizador da nosa lingua. E escollemos unhas cantas citas tiradas do libro de Jesús Tusón “Mal de linguas” que nos parecen axeitadas para que as comentedes.
“[...] As linguas humanas son obxectos delicados e, se non os defendemos e coidamos, poden morrer, e morrer canda eles unha parte substancial da nosa memoria; se cadra toda a nosa memoria. É preciso ter coidado, porque as linguas non teñen puños, nin esconden no fondo das súas estructuras armas secretas e mortíferas. Son totalmente inocentes, e ignórano todo sobre a agresión e as preeminencias. As linguas descoñecen os conflitos porque non teñen intelixencia nin teñen vontade. Hai, porén, quen ten vontade e ten poder, e fai das linguas bandeira; e hai quen o cre e cae na trampa da agresión, caendo tamén, sen sabelo, na trampa dunha mala educación multisecular que nos quere fieis a esquemas preconcebidos. E velaí que o mundo dos humanos está cheo de prexuízos.”
“[...] Pagaría a pena dar, xa dende agora, un aviso inocente: cómpre que non carguemos enriba das costas da lingua as nosas manías persecutorias; cómpre que non as fagamos facer un traballo para o que nunca estiveron dotadas. Unha bandeira é unha bandeira; unha lingua, non”
“[...] O que non se pode facer (porque non é ético) é valorar as linguas de máis a menos por causa do número dos seus falantes: unha lingua é o patrimonio dun pobo, é parte dos seus sinais de identidade. E, en cuestións de identidade, as estatísticas non teñen nada que dicir, nada que ver.”
“[...] Agora o mundo é un espazo aberto e non hai lugar para trapalladas, e é por iso que os novos argumentos para cantar as excelencias das linguas nos queren convencer polo lado práctico: algúns idiomas serán (e outros non) internacionais, de comunicación e de progreso.”






