ESTAMOS DE VOLTA!
caghaboiActualidadePublicado por caghaboi en | the_author, the_categoryNon estaría de máis ao comezar de novo, reflexionar sobre as “voltas” que lle andan a dar algúns ao proceso normalizador da nosa lingua. E escollemos unhas cantas citas tiradas do libro de Jesús Tusón “Mal de linguas” que nos parecen axeitadas para que as comentedes.
“[...] As linguas humanas son obxectos delicados e, se non os defendemos e coidamos, poden morrer, e morrer canda eles unha parte substancial da nosa memoria; se cadra toda a nosa memoria. É preciso ter coidado, porque as linguas non teñen puños, nin esconden no fondo das súas estructuras armas secretas e mortíferas. Son totalmente inocentes, e ignórano todo sobre a agresión e as preeminencias. As linguas descoñecen os conflitos porque non teñen intelixencia nin teñen vontade. Hai, porén, quen ten vontade e ten poder, e fai das linguas bandeira; e hai quen o cre e cae na trampa da agresión, caendo tamén, sen sabelo, na trampa dunha mala educación multisecular que nos quere fieis a esquemas preconcebidos. E velaí que o mundo dos humanos está cheo de prexuízos.”
“[...] Pagaría a pena dar, xa dende agora, un aviso inocente: cómpre que non carguemos enriba das costas da lingua as nosas manías persecutorias; cómpre que non as fagamos facer un traballo para o que nunca estiveron dotadas. Unha bandeira é unha bandeira; unha lingua, non”
“[...] O que non se pode facer (porque non é ético) é valorar as linguas de máis a menos por causa do número dos seus falantes: unha lingua é o patrimonio dun pobo, é parte dos seus sinais de identidade. E, en cuestións de identidade, as estatísticas non teñen nada que dicir, nada que ver.”
“[...] Agora o mundo é un espazo aberto e non hai lugar para trapalladas, e é por iso que os novos argumentos para cantar as excelencias das linguas nos queren convencer polo lado práctico: algúns idiomas serán (e outros non) internacionais, de comunicación e de progreso.”
RSS 2.0Seguir os comentarios a trvés da semente de . http://caghaboi.blogaliza.org/2008/10/21/estamos-de-volta/trackback/Podes comentar, ou facer trackback desde o teu sitio.
