Aquí tedes o poema gañador do concurso literario da IV Semana das Letras. Antón Parada Bretal (Penli-K) foi o gañador e deixounos a todos abraiados cando, ao recibir o premio, botouse a cantar o poema a ritmo de rap.
Podedes ver a actuación aquí:
CANTIGA DE AMOR
Centos de sensacións… sinte como danzan os versos desta canción
Con este son, son, son, son…
Son un poeta namorado, amarrado dos teus beizos e do pecado,
de perder no aire un querer susurrado…
Son o cabaleiro dun mito, coa misión de devoralo teu sorriso,
de esquecela realidade e facerlle caso omiso,
repito, son un escravo dos teus ollos un soñador sumiso…
Son un pobre trobador, que arrinca versos do corazón,
que compón unha cantiga de amor,
esperando impaciente a chegada do solpor…
para morrer un pouco se te levan do meu lado,
para afogar entre copas e vasos,
que non calman a sede… escapo,
para refuxiarme no pensamento,
levo comigo cada momento,
cada instante no que logramos detelo tempo…
para rematar cunha ferida na alma,
para espertar coa luz da alba,
cunha tormenta de recordos que nunca amaina…
que quero atrapar no papel,
tantos sentimentos non collen nel,
Levo gravado cada roce teu na pel
Si escribo estes versos coas bágoas que fuxiron pensando en ti,
Si cada segundo que pasa temo que sexa a fin…
Hoxe son un pouco menos ateo ¿quen dicía que non existía?
Si contigo viaxei ata o ceo… alí perdín o corazón ou iso creo, ei…
Pero si está nas túas mans reo,
de palabras que seducen á miña poesía,
morro por ti ,como morre a noite polo día
A túa ausencia, queima, é certo,
perdo a vista fronte o mar… en silencio e quieto,
porque sei que estás tan lonxe pero a vez tan preto…
Cántolle cantares ó silencio no teu nome
Por si por azar o vento chos devolve
Fai tempo que deixei de ser un home
Para converterme nos desexos da miña musa
Para recoller os seus suspiros coa miña pluma
Para desaparecer os dous entre a bruma
Brindo para matala tristeza
Brindo para que perdámola cabeza
Brindo coa certeza
De que lograrei que esta canción non se esqueza
A promesa dun quizais
Morta por un xamais
Rogando unha última vez máis…
Escoita como choran os violíns
Por un momento crin
Que remataba o noso soño, que espertaba e non estabas canda min
Porque cando escribo ti guías a miña man
Ti es a razón de espertar cada mañá
Porque ti es a miña inspiración
Ti es a miña perdición
Rendámonos ante a pasión
Porque ti es unha princesa libre de castelos
Ti es a que rescata ó cabaleiro dos seus medos
Porque ti es unha deusa que me observa dende a nube
Ti es a que converte os meus problemas en fume
Se queres, rompe estes versos e préndelle lume
Porque nunca perderei o medo a te perder…
Canto por ti, polo pracer
De que me regales ese sorriso e volver a caer
Sentir a auga morrer, contra as nosas caras
Suxeitar cos meus ollos a túa mirada
¿Que importa? si agora… nada… nos separa