6th

VISITA DE AUTORES GALEGOS

caghaboiActualidadePosted by caghaboi in | the_author, the_category

Os autores Marcos Calveiro e Suso de Toro estiveron no noso centro para falar da súas obra.

Marcos Calveiro falou para os alumnos de 1º da ESO do seu libro ‘Palabras de Auga’ o día 3 de abril e Suso de Toro visitounos o 24 do mesmo mes para charlar cos rapaces de 3º da ESO do seu libro ‘A sombra cazadora’

 

 

 

 

 

30th

VIII Semana Cultural

caghaboiActualidadePosted by caghaboi in | the_author, the_category

O ENL do noso centro colaborou en moitas das actividades programadas na VIII Semana Cultural do IES n.1 que se celebrou do 22 ao 26 do pasado mes de abril. Colaboramos cos diferentes Departamentos Didácticos na organización de diferentes actos que se desenvolveron nestes días e que ían destinados aos diferentes niveis educativos do instituto.
Destacamos o Día da Ciencia, distintas charlas-coloquios, saídas culturais, obradoiros, sesión de xogos populares e un longo etcétera. Deixamos testemuñoo de todo isto co programa desta Semana Cultural, onde se recollen todas as actividades levadas a cabo.

28th

Cartel da Semana Cultural

caghaboiActualidadePosted by caghaboi in | the_author, the_category

Durante o mes de marzo tivo lugar o Concurso de Deseño de Carteis para a VIII Semana Cultural que se celebrou no noso IES no mes de abril.
O deseño que resultou gañador foi o cartel que anunciou a devandita Semana
e foi obra do alumno Gonzalo Fernández Santos de 1º da ESO.   Parabéns!
Aquí tedes o resultado final:

27th

24 de Febreiro DÍA DE ROSALÍA. 150 ANIVERSARIO de CANTARES GALLEGOS

caghaboiActualidadePosted by caghaboi in | the_author, the_category

Un grupo de rapaces e rapazas de 3º da ESO do noso instituto estivo a grabar estes días no entorno do centro un video recitado do poema de Rosalía de Castro ‘Cantan os galos pra o día’.

Podedes velo na páxina web do IES e tamén en
http://www.youtube.com/watch?v=lcA4UU_XcR8

22nd

RECINTANDO A CELSO EMILIO, 12/12/12 ás 12 h

caghaboiActualidadePosted by caghaboi in | the_author, the_category

Este mércores 12/12/12 ás 12 h celebrouse un recitado colectivo do poema de Celso Emilio Ferreiro “Deitado fronte ao mar” co gallo do centenario do nacemento do poeta de Celanova.

 

O acto, a iniciativa da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística, e no que estiveron implicados máis de 200 centros de toda Galicia coa participación duns 30.000 alumnos e alumnas,  celebrouse no corredor do primeiro andar, no que se colocou unha pantalla xigante, e asistiu todo o alumnado do centro. Levouse a cabo unha lectura colectiva do poema e proxectáronse varios vídeos cos versos de Celso Emilio.

Un acto máis de dignificación e reivindicación social da nosa lingua do que vos deixamos unhas imaxes.

10th

CONCURSO ILUSTRACIÓNS: O GALEGO, LINGUA VIVA

caghaboiActualidadePosted by caghaboi in | the_author, the_category

Organizado polo ENDL do IES, a iniciativa da Coordinadora de Equipos de  Normalización Lingüística do Barbanza,  tivo lugar o CONCURSO de ILUSTRACIÓN ‘O GALEGO… LINGUA VIVA‘  para todo o alumnado da  ESO do noso instituto.

Entre todos os traballos presentados polos centros da bisbarra, escollerase un deseño que ilustrará o ALMANAQUE 2013 e que se repartirá en diferentes centros educativos.

A continuación amosamos os 3 primeiros PREMIOS deste Concurso cos nomes dos gañadores. Podedes ver todos os traballos presentados na páxina web do centro.

 

1º premio: Raúl Ordóñez (3º ESO)

 

2º premio: Ainhara Mariño (2º ESO)


3º premio: Ana Fieiro (3º ESO) e Lucas Falque (1º ESO)

13th

III DÍA da CIENCIA e da TECNOLOXÍA en GALEGO

caghaboiActualidadePosted by caghaboi in | the_author, the_category

Este martes 6 de novembro tivo lugar no IES nº 1  unha VIDEOCONFERENCIA vía web sobre FÍSICA na que falaron distintos investigadores galegos dende diferentes universidades do mundo.

Actividade promovida pola Coordinadora Galega de ENDL e na que se conectaron simultaneamente case 100 Centros Educativos de toda Galicia e máis de 6000 alumnos.  O tema da charla foi: ‘FACENDO FÍSICA de PARTÍCULAS polo MUNDO’ e cinco científicos galegos relatáronnos as súas esperiencias e fixeron fincapé na utilidade da nosa lingua no seu traballo cotián.

No Salón de Actos estiveron presentes máis de 80 alumnos de 1º e 2º de Bacharelato, acompañados polos seus profesores de Física e Química,  que atenderon as explicacións sobre diferentes fitos científicos acontecidos recentemente no mundo da Ciencia.

6th

Charlas sobre MICOLOXÍA

caghaboiActualidadePosted by caghaboi in | the_author, the_category

Organizado polo Departamento de Ciencias e polo Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES N.1, os pasados venres 26 e luns 29 de outubro, tiveron lugar dúas CHARLAS sobre MICOLOXÍA  para todo o alumnado do Primeiro Curso de Bacharelato.  Ámbalas dúas correron a cargo de Jesús Parada Miniño, presidente da Asociación Micolóxica REFUNGANDO de Ribeira e antigo alumno do noso instituto, a quen agradecemos a súa colaboración.

 

 

4th

Orgullosos/as do noso, Orgullosos/as do galego

caghaboiActualidadePosted by caghaboi in | the_author, the_category

A CGENDL vén de presentar publicamente esta semana Orgullosos/as do noso, Orgullosos/as do galego, unha campaña que pretende transmitir no seo da comunidade educativa, e no conxunto da sociedade, un sentimento de orgullo pola lingua propia como sentimento común de todos os galegos á marxe da orixe, a ideoloxía, o credo ou a idade de cadaquén.

A mensaxe lanzada á sociedade dende a CGENDL é: a lingua galega é un elemento de unión e un rico patrimonio de futuro que nos dota de identidade e nos conecta con millóns de persoas en todo o mundo.

Na páxina da campaña (http://www.coordinadoraendl.org/orgullo) explícanse polo miúdo a iniciativa e as vías de participación nela.

AQUÍ PODEDES VER OS VÍDEOS DA CAMPAÑA:

Canle en Youtube: http://www.youtube.com/user/CGENDL

Canle en Vimeo: http://vimeo.com/coordinaendl

14th

ENTROIDO NO Nº 1

caghaboiActualidadePosted by caghaboi in | the_author, the_category

Deixámosvos unhas fotos do festival de entroido que celebramos o venres.

E se queres saber algo máis do entroido en Galicia, aquí vos deixamos uns enderezos para que lles botedes unha ollada:

http://www.galespa.com.ar/entroido_culturagalega.htm

http://vello.vieiros.com/especial/entroido99.html

http://gl.wikipedia.org/wiki/Categor%C3%ADa:Imaxes_do_entroido_en_Galicia